Diapositiva Kodak Ektachrome de uno de mis paseos solitarios en una playa ártica |
Menos mal que me decatei grazas ao compositor da banda sonora, o gran Sergio Moure de Oteyza, quen mo comunicou, pois moi non sabía nada!, pero esta noite, ás 23.35 horas, a segunda cadea de Televisión de Galicia (TVG2) emite, en aberto, o documental cinematográfico "Spitsbergen, o Gardián do Ártico", estreado en cinemas en 16 mm (non en dixital!) o ano pasado, en filmotecas como la de Catalunya en Barcelona e premiado en certames internacionais, entre eles, o Ourense Film Festival.
Nota: comprobaron en TVG que me comunicaron a data de emisión o 15 de decembro pero, por algunha razón, non a teño na miña bandexa de entrada (ou a borrei por erro ou me entrou como Spam que adoito eliminar todas as semanas, cando hai moito, sen supervisalo con detemento). Ah!, nada como as cartas físicas.
SPITSBERGEN O GARDIÁN DO ÁRTICO, trailer with English subtitles from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.
Ademais dun documental, é un documento, pois, debido ao quecemento global, boa parte do que se filmou desaparecerá durante este século. De feito, hai algo que xa foi cerrado: o asentamento mineiro de Barentsburgo, con mineiros ucraínos e rusos, no pasado irmáns, e hoxe inimigos mortais.Crítica en LA VOZ DE GALICIA:
Sinopse de Filmaffinitty:Spitsbergen, no Ártico, un arquipélago salvaxe e desolado, onde o ser humano ten prohibido nacer, e morrer, é o destino dunha expedición que documenta un mundo abocado á desaparición polo quecemento global. Con imaxes de textura inimitable, filmadas con película de Súper-8, o documental de entretemento "Spitsbergen, o Gardián do Ártico" infudaralle a preocupación polo angustioso porvir dun universo xeado en retroceso, e o vital que é tomar medidas para evitar que escache en pedazos un debilitado equilibrio ecolóxico que periga senón se leva a cabo un STOP ao Quecemento Global.
Durante uns días, o documental pódese ver en Televisión de Galicia á carta, gratis!
É unha mágoa que non poidamos velo dende Bos Aires
ResponderEliminar