martes, 25 de enero de 2022

SPITSBERGEN, O GARDIÁN DO ÁRTICO, HOXE NA TELEVISIÓN GALEGA (TVG2), ÁS 23.35 HORAS

Diapositiva Kodak Ektachrome de uno de mis paseos solitarios en una playa ártica

Menos mal que me decatei grazas ao compositor da banda sonora, o gran Sergio Moure de Oteyza, quen mo comunicou, pois moi non sabía nada!, pero esta noite, ás 23.35 horas, a segunda cadea de Televisión de Galicia (TVG2) emite, en aberto, o documental cinematográfico "Spitsbergen, o Gardián do Ártico", estreado en cinemas en 16 mm (non en dixital!) o ano pasado, en filmotecas como la de Catalunya en Barcelona e premiado en certames internacionais, entre eles, o Ourense Film Festival. 

Nota: comprobaron en TVG que me comunicaron a data de emisión o 15 de decembro pero, por algunha razón, non a teño na miña bandexa de entrada (ou a borrei por erro ou me entrou como Spam que adoito eliminar todas as semanas, cando hai moito, sen supervisalo con detemento). Ah!, nada como as cartas físicas.

SPITSBERGEN O GARDIÁN DO ÁRTICO, trailer with English subtitles from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.

Ademais dun documental, é un documento, pois, debido ao quecemento global, boa parte do que se filmou desaparecerá durante este século. De feito, hai algo que xa foi cerrado: o asentamento mineiro de Barentsburgo, con mineiros ucraínos e rusos, no pasado irmáns, e hoxe inimigos mortais. 


Crítica en LA VOZ DE GALICIA:

Sinopse de Filmaffinitty:

Spitsbergen, no Ártico, un arquipélago salvaxe e desolado, onde o ser humano ten prohibido nacer, e morrer, é o destino dunha expedición que documenta un mundo abocado á desaparición polo quecemento global. Con imaxes de textura inimitable, filmadas con película de Súper-8, o documental de entretemento "Spitsbergen, o Gardián do Ártico" infudaralle a preocupación polo angustioso porvir dun universo xeado en retroceso, e o vital que é tomar medidas para evitar que escache en pedazos un debilitado equilibrio ecolóxico que periga senón se leva a cabo un STOP ao Quecemento Global.

Durante uns días, o documental pódese ver en Televisión de Galicia á carta, gratis! 

 PULSE AQUÍ



1 comentario: