martes, 19 de enero de 2021

SPITSBERGEN, O GARDIÁN DO ÁRTICO: ARTESANÍA EN SÚPER-8

A paisaxe, varrido por un estremecedor vento xeado, que atemoriza cunha especie de aullidos atroces, é en Spitsbergen inhumano en todos os sentidos.   

Horrible, o incesante castigo do xeo contra o casco do "Malmö", rabuñando as entrañas da nave, como  un cataléptico faríao desde un cadaleito.

Cunha sensación térmica inferior a -20 Celsius, o comportamento da Bauer A512, cargada con película Kodak de Súper-8, foi excepcional para inmortalizar unhas paraxes en transo de desaparición por culpa do quecemento global, tal e como se revela no documental de longametraxe "Spitsbergen, o Gardián do Ártico" que, proxectado con película de 16 mm, gañou o Premio Especial XXV aniversario do Festival Internacional de Ourense OUFF25. Foi cualificado polo ICAA a finais de 2020 como "autorizado para todos os públicos".

¡Grazas ao amigo Per Andersson!, por retratarme en plena faena, cámara en man, con pulso firme (as cámaras de Súper-8 non teñen estabilizador).

Este incómodo, pero sorprendente,  traballo cinematográfico atópase narrado cunha estética e unha textura que rememora os clásicos dos anos cincuenta e sesenta, co obxectivo de chegar ao segmento do público de maior idade, o mais remiso a aceptar a realidade do quecemento global.


Pero como o súper-8 é un paso cinematográfico de moda na actualidade, ¡tamén resulta de interese para a xente xove! 

¡"Spitsbergen, O Gardián do Ártico" e a única produción galega que só se pode ver proxectada con película! (16 mm e 35 mm)

O trailer, de minuto e medio,  aquí:

SPITSBERGEN O GARDIÁN DO ÁRTICO, trailer with English subtitles from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario