jueves, 21 de enero de 2021

MESTRE MATEO: ¡¡¡GRAZAS AO APOIO DO XORNALISTA FRANCISCO GIL!!!

Cando publiquei, hai dous o tres días,  que é toda unha honra que a Academia Galega do Audiovisual estime para a súa consideración en varias categorías dos Mestre Mateo, a unha película tan arriscada e incómoda como "Spitsbergen, o Gardián do Ártico", encantoume recibir  un comentario do xornalista Francisco Gil (sic)

"Felicidades, Ignacio. Para min xa es o gañador en todas esas categorías de maneira incuestionable porque lograches dous fitos épicos: o primeiro, que se alerte desde Galicia sobre o drama do cambio climático e os efectos que xa se están vendo no ártico.  O segundo, que o fagas cunha rodaxe en Súper-8, un formato que esixe un dominio da técnica e da linguaxe que só un mestre como o teu domina con xenial soltura".

Testemuños como este, dunha persoa coa preparación de Francisco Gil, que coñece o difícil que é, tecnicamente, acometer unha rodaxe en Súper-8 destas características, en solitario, é un aliciente para seguir adiante na loita. 

Francisco Gil creu en "Spitsbergen, o Gardián do Ártico", cando non era mais que un proxecto que moitos agoreros dicían que non se podería levar ata o final como o tiña concibido: filmado en Súper-8 e con copias finais de exhibición en 16 mm e 35 mm, con todo o traballo integramente en fotoquímico e son exclusivamente analóxico (fotográfico e magnético), ou ben, ¡aínda peor!, pegábanme unha puñada no estómago dicíndome, desde a súa posición de poder dixital (dixital por nomeamento "a dedo"), que "el calentamiento global no es un problema nuestro", e correu, Francisco,  o risco de dedicarlle unha magna reportaxe de tres páxinas que foi distribuído polo suplemento de fin de semana do xornal "La Región". 

Sen a menor axuda (mesmo, mais ben, todo o contrario), terminouse felizmente "Spistbergen, o Gardián do Ártico", sen traizoar o seu motor creativo: fotoquímico de principio a fin, algo que tamén souberon apreciar e valorar xente como as persoas que están detrás do Ourense Film Festival, e que, tamén, chamou poderamente a atención aos responsables do ICAA cando, a finais de 2020, chegou a hora de cualificar a longametraxe.

Sen ningún  logo oficial - tan profusos nas outras producións que concorren nas mesmas categorías para os Mestre Mateo-, non só sen o apoio do establishment institucional senón coa súa franca animadversión, séntese un como espido, desamparado, na loita contra o quecemento global.

Non hai institucións detrás: só podo ofrecer os rolos de auténtica película Kodak co documental "Spitsbergen, O Gardián do Ártico", o palmarés  e a profesionalidade de xente da terra galega que me acompañan nesta tarefa, como o narrador Santiago Fernández, o compositor Sergio Moure de Oteyza, o montador Álex López, a produtora executiva Nena Pulido, o técnico de son Marcos Eimil, o supervisor de postprodución Víctor Galdón, a tradutora ao galego M.T. Santos (eu son castelán falante)  e moita dedicación. 

Grazas, tamén, a tod@s @s @migos no sector, tras 31 anos de traballo, polo ánimo e o apoio, fronte ao desinterese e a desidia institucional. 

Detallada información, para @s académic@s no seguinte vínculo:

ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

 




2 comentarios:

  1. Parabéns, Ignacio. A túa película merece o recoñecemento da Academia Galega e tamén os Goya. Espero coñecerte persoalmente e ver "O gardián do ártico" en fílmico. E se a distancia non o permite, será dixital. Apertas desde Bos Aires deste castelán falante aprendendo a lingua dos seus avós.
    Emiliano

    ResponderEliminar