miércoles, 28 de julio de 2021

NON HAI FUTURO (OPUS V): VERSIÓN EN INGLÉS.

"Non hai futuro (Opus V)", a curtametraxe interpretada por Marcos J. Fernández Eimil,  que cerra o cinco que rodei sobre a crise económica española, a través da mirada de persoas vinculadas non só entre si senón ao mundo do cinema verdadeiro (ou sexa, do fotoquímico), é unha especie de documental disfrazado, pois explica o que foi a arte da exhibición en 35 mm en Galicia.   Neste traballo cinematográfico quedarán para a historia desde o último transportista cinematográfico ata o último derradeiro almacén de películas da Coruña, e tamén a última proxección con película no chorado MACUF, de Naturgy, e que foi o postremeiro acto de este museo antes do seu peche en 2018.

Escribín o guión en español, que é a miña lingua materna, pero está a traducilo ao galego o erudito Miguel Pérez Romero, nada menos que o tradutor de Shakespeare ao galego, e, ademais, persoa vinculada ao cinema grazas ao seu irmán José Manuel (amígo meu desde 1983 e a persoa que filmou a miña voda en Súper-8) e ao seu primo Ernesto, o dono do Cine de Leiro. 

O Opus V contará, tamén, con subtítulos en español, e, ademais, do mesmo xeito que o Opus IV, con subtítulos en inglés. 

Como fago a tradución inglesa persoalmente, certos termos técnicos, de argot, teño que consultalos en literatura especializada. Por exemplo, o que en España denomínase "topos",  en inglés é "cue dots" e non "moles".

Para iso, teño a man volumes especializados, editados polo Museo George Eastman (en memoria do fundador de Kodak) ou a biblia publicada por The British Kinematograph Society.  ¡Que mellor pracer que consultar esta bibliografía xunto a un proxector de 35 mm Pathé dos anos vinte!, estes días no meu escritorio, pois estivo a piques de saír para unha exhibición que se cancelou no último momento por mor do coronavirus.

NON HAI FUTURO

Durante estes anos rodei, en Súper-8, unha serie de curtametraxes baixo o título compartido "Non hai futuro", para reflectir a inmensa crise económica que viviu España a partir de 2007 a través duns protagonistas vinculados, dunha outra forma, ao mundo do fílmico.

O catro entregas xa publicadas rexistraron, en Vimeo, a sorprendente cifra de mais de 100.000 visualizacións desde diferentes computadores. O Opus I chamou moito a atención pois é aquel traballo famoso no que arroxei unha cámara de S8 filmando desde un sexto piso, para a filmación subxectiva dun suicidio, tomavistas que se estampou contra o pavimento ¡e seguiu filmando!, unha cámara Fujifilm feita en 1976.  Desde logo, ¡agora non se fabrica coa calidade de antes! De feito, está cámara usouse tamén no Opus II, onde foi "pisada" por un camión. Por incrible que pareza,  ¡¡¡aínda funciona!!!

Cartel provisional:




No hay comentarios:

Publicar un comentario