Antonio Bermúdez fai a última proxección fílmica no MACUF, da Coruña, acto co que pecha para sempre o museo, mentras lembra (con certo resentimento) o mundo da exhibición cinematográfica en 35 mm, que se desvanece, nunha historia que é, en realidade, un documental dramatizado en clave de comedia.
Intérprete: Marcos J. Fernández Eimil, como Antonio Bermúdez.
Locución: Fernando Pujalte e Álex López
Unha película concibida, filmada e escrita por Ignacio Benedeti Corzo.
Montaxe de Álex López.
Produción executiva: Encarnación "Nena" Pulido.
Cartaz: Juan Carlos Abraldes.
Filmada en Súper-8 con película Kodak.
Revelada por Juan Carlos Olivo en Retrolab Cinema.
Positivos de 16 mm: Onda Radio Service.
Música: Arteixo Big Band.
Mestura de son fotográfico: Alberto Vangelisti.
Dixitalización: José Luis Sanz.
Unha produción cinematográfica acollida ao Fondo de Proxectos Culturais en Lingua Galega Xacobeo 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüistica. Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Xunta de Galicia.
Metraxe: 25 minutos (16 mm Kodak Vision)
Son óptico.
Fotograma de "Non hai futuro (Opus V)" |
Ao longo da mediometraxe móstranse os distintos equipamentos
cinematográficos que non fai tanto eran fábricas de soños, as instalacións de
distribuidoras de cinema ou o único almacén de 35 mm dunha multinacional en
Galicia, así como o último transportista especializado en 35 mm.
Fotograma de "Non hai futuro (Opus V)" |
Narrado con hilaridade, a tres voces, as imaxes fílmicas son de gran interese histórico para a memoria de Galicia. A trama, dramatizada, entretén ao público xeral.
"Non hai futuro (OPUS V)" é unha mediametraxe integramente filmada con película de Súper-8. A montaxe é tradicional, cortando e pegando a película.
O son é tamén fotográfico, pois nada hai na realización desta obra alleo á tecnoloxía fotoquímica."Non hai futuro (Opus V)" pecha a serie sobre a crise económica española. As catro entregas anteriores superaron os 100.000 espectadores.
Fotografía Kodak Portra 800 da sonorización por Fernando Pujalte, con proxector Eumig 940 Multiprocessor e telecinema Fumeo |
Información sobre o deseño do cartel:
Parabéns! Apetéceme velo pronto.
ResponderEliminarApertas dende Bos Aires
Moitas grazas, benquerido amigo!
Eliminar