Mostrando entradas con la etiqueta 50 aniversario Picasso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 50 aniversario Picasso. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de junio de 2022

MINOTAUROMAQUIA: PABLO NO LABIRINTO, DO MOMA DE NOVA YORK Á CORUÑA

A miña primeira produción en stop motion, "Minotauromaquia, Pablo no laberinto", escrita e dirixida por ese xenio que é Juan Pablo Etcheverry, con animación de SAM, é, en palabras do erudito Miguel Anxo Fernández, un dos dez fitos do cinema galego. Gañou premios en todo o mundo e exhibiuse en templos do cinema, como o Lincoln Center de Nova York. 

En 2005, tamén ma pediron do MOMA de Nova York, cun encargo especial: a película co proxector e cun sistema de bucle continuo  (precedida dun clip de medio minuto en branco e negro coa traxectoria en festivais, ata ese momento) O éxito foi brutal! 

Tiven que mandar todo por duplicado, desde o proxector ata o sistema de bucle ou a película, por si había algunha algunha incidencia. Cos centos de pases, os positivos, que eran de triacetato, acabaron machucados, pero cumpriron o seu labor.


O ano vindeiro,  que se cumpre o medio século do falecemento de Picasso, sería unha excelente idea montar na Coruña a mesma instalación que preparei para o MOMA, esta vez con positivos de poliéster. A instalación para o MOMA pódese ver neste vello vídeo (segmento do clip inicial monocromático):

IB CINEMA BUCLE CONTINUO MINOTAUROMAQUIA EN EL MOMA from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.

Unha proxección cinematográfica en bucle, co proxector na propia sala, é algo espectacular que atrae a nenos e maioresOs visitantes poden ver videoinstalaciones en museos de cidades de segunda división, pero unha montaxe cinematográfica en bucle  con auténtica película, con filme, e proxector de cinema, iso, amigos, é estar noutra liga. Aí deixo a idea. Si seica lle interesa a algunha institución, xa saben onde estamos: levamos décadas nas mesmas instalacións e o mesmo teléfono. 

Información publicada por LA VOZ DE GALICIA no seu día: PREME AQUÍ

Miserable versión dixital da película: 

MINOTAUROMAQUIA: PABLO EN EL LABERINTO from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.