Sinopse:
Relato cinematográfico dunha expedición científica e técnica aos últimos confíns de terra firme antes do Polo norte, con imaxes que en moi pouco tempo poderían ser historia por mor do Quecemento Global.
Trailer en galego, con subtítulos en inglés:
SPITSBERGEN O GARDIÁN DO ÁRTICO, trailer with English subtitles from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.
“Spitsberben, O Gardián de Ártico” é unha obra arriscada e artísticamente significativa, pois está filmada, montada e posproducida íntegramente con película de Súper-8. Os positivos de exhibición son en 16 mm.
Estreada o 1 de outubro de 2020 no Ourense Film Festival (OUFF), foi galardoada co Premio Especial 25 aniversario do OUFF.
Premio ao Mellor Director (categoría "longametraxe documental) no 5th Indian World Film Festival (7-marzo-2021).
Miguel Anxo Fernández, director artístico do Festival, literato, profesor e crítico de cinema de La Voz de Galicia, entrega o premio a Ignacio Benedeti |
Vídeo da recollida do Premio Especial 25 anos de OUFF para "Spitsbergen, o Gardián do Ártico":
Premio Especial 25 aniversario de OUFF para "Spitsbergen" from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.
5th INDIAN WORLD FILM FESTIVAL-21 from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.
SPITSBERGEN, O GARDIÁN DO ÁRTICO.
En Kodacolor. Metraxe: 79 minutos a 24 fotogramas por segundo.
Paso de proxección: 16 mm
Formato: 1,85 : 1
Paso de filmación: Súper-8 Max-8
Atrapados no xeo |
QUECEMENTO GLOBAL: UN PROBLEMA MAIS GRAVE QUE O COVID-19.
Segundo António Guterres, secretario xeral da O.N.U. (sic): "O coronavirus é unha enfermidade que esperamos que sexa temporal, con impactos temporais, pero o cambio climático leva connosco moitos anos, manterase por moitas décadas, e require de acción continua".
Neste momento existe unha preocupación mundial polo coronavirus pero non deben reducirse os esforzos na loita contra o quecemento global, o problema mais grave ao que se enfronta non a Terra, pero sí as culturas humanas. O noso planeta seguirá existindo, pero o quecemento global pode acabar coas civilizacións.
- UNHA NARRACIÓN DE SANTIAGO FERNÁNDEZ CON PARTITURA DE SERGIO MOURE DE OTEYZA.
SANTIAGO FERNÁNDEZ. Nada sería igual en “Spitsbergen, o Gardián do Ártico” sen a voz do narrador, o gran Santiago Fernández, toda unha institución en Galicia. Santiago é doblador, actor, docente pero, sobre todo, unha boa persoa, ademais de cinéfilo de longa traxectoria, como un dos responsables do mítico Cine-Club Aldebarán da Coruña.
Santiago Fernández, "a Voz", homenaxeado na V edición do Sellier Film Festival coa única figura do catálogo de Sargadelos que ten relación co fotoquímico. |
SERGIO MOURE DE OTEYZA. Os carreiros inescrutables dos camiños da vida ás veces producen agradables sorpresas, como é o reencontro profesional co admirado compositor Sergio Moure de Oteyza, con quen IB Cinema xa tivera ocasión de traballar nos tempos da longametraxe documental "Mercado de futuros".
O gran Sergio Moure de Oteyza na primeira proxección de "Spitsbergen" no cinema Klan-des-Tyne |
EQUIPO PROFESIONAL E ENTUSIASTA
Levar un proxecto tan difícil como este, en fotoquímico, ata o final, foi posible grazas a un equipo entusiasta, firme defensor da película cinematográfica non só como medio de creación, senón de conservación.
Con Alex, na sala HAL9000 de IB Cinema |
Víctor Galdón no plató Stalag 2 de IB Cinema coa Motion Control Harryhausen |
Supervisando a post-produción, e responsable dos promocionais, o todo-terreo do audiovisual galego Víctor Galdón, tamén ferrolán. Víctor o mesmo monta fisicamente unha película en soporte fílmico que deseña unha complexa animación CGI: un dos profesionais mais polivantes do audiovisual galego, para o que non hai reto imposible.
Nena, 30 anos en IB Cinema |
Marcos, lustros en IB Cinema |
Javiér Súarez, un informático moi superochista |
FICHA de "Spitsbergen: O Gardián do Ártico":
Concebido, escrito e filmado por:
Ignacio Benedeti Corzo (dirección, cinematografía, dirección de fotografia, revelado en localización, guión).
Narración: Santiago Fernández
Banda sonora: Sergio Moure de Oteyza
Montaxe e etalonado: Alex López
Asesoramento e trailers: Víctor Galdón
Produción executiva: Encarnación "Nena" Pulido
Affiche: Fátima "Ackerman" Acaso
Corte do negativo: Marc Martí
Corte do inversible: Ignacio Benedeti
Microfonista de estudo: Marcos J. Fernández Eimil
Servizos informáticos: Javier Suárez
Correctora: María Teresa Santos Iglesias
Filmación dron submarino: Kunuk Lennert e Dr. Audun Rikardsen
Filmación dron aéreo: Dr. Gunnar Aus
Dixitalización: José Luís Sanz e Matteo Richetti
Sincronía sonora: Alberto Vangelisti
Positivo en 16 mm: Marco Emiliani
Director do revelado en Alemania: Ludwig Draser
Director do revelado en España: Juan Carlos Olivo
Versión para sordos: Estudio Siglo XXI
Subtitulado: Víctor A. Labarthe
Preparación das cámaras: Mateu Bauzá e André Egido
Material sensible de Kodak Motion Picture en Super Oito:
Kodak Ektachrome 7294, Kodak Ektachrome 7285, Kodak Ektachrome 7280, Kodak Tri X, Kodak Vision 50, Kodak Vision 200, Kodak Vision 500, Kodak Vision 500 exposta a 100 e sub revelada dous diafragmas.
Unha das Súper-8 favoritas de Ignacio Benedeti, la Leicina Special |
INFORMACIÓN ADICIONAL
A oportunidade de filmar “Spitsbergen, o Gardián do Ártico” xurdiu cando Kodak elixiu a Ignacio Benedeti para probar a súa nova película Ektachrome 7294, nese momento en desenvolvemento, para filmar tests, co material de pre produción, nunha rodaxe real con condicións extremas.
A proba da Ektachrome, asinada co presidente de Kodak |
Ignacio Benedeti decidiu aproveitar a ocasión e, á vez que filmaba a proba técnica para Kodak, sacou adiante unha longametraxe que conxugaría tres das súas paixóns: o cinema (foto químico), os territorios hiperbóreos e a conservación do medio ambiente.
Xestouse así “Spitsbergen, o Gardián do Ártico”, a primeira pedra dun proxecto mais ambicioso, “Stop Quecemento Global”, que engloba 13 longametraxes a rodar nos puntos máis sensibles do planeta ao cambio climático, coa data límite de 2030, marcada como tope polo Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático para conseguir que o quecemento global non aumente 1.5 graos.
Fotograma en Ektachrome de pre produción |
FILMANDO CO "PORTFOLIO" FÍLMICO DE KODAK AO COMPLETO.
A película de cinema, non só ofrece unha sensación orgánica, imposible de emular en dixital, salvo de forma groseira, senón tamén unha gama de texturas que, ao creador, permítelle seleccionar a máis adecuada para o que se desexa narrar. Cada emulsión fílmica, en "Spitsbergen, O Gardián do Ártico", forma parte da narrativa cinematográfica.
Encaixado na inmensidade da nada. |
Por exemplo, Ignacio Benedeti empregou a monocromía granulada da Kodak Tri X para transmitir a vivencia de desolación, de desamparo, cando o quebraxeos quedou atrapado na banquisa, no medio dun vento inmisericorde.
Fotograma Súper-8 en Ektachrome do Dr. Audun Rikardsen co sol de media noite |
Fixo uso da vivificante Kodak Ektachrome 7294 para infundir no espectador a inesquecible sensación vivida cando, tras unha xornada de tebras aceiradas, ábrese paso o esplendor do sol de medianoite. A Kodak Ektachrome 7280, para recrear a época soviética nas decadentes Pyramiden e Barentsburgo. Ou a Kodak Vision 500 exposta a 100 ASA e sub-revelada 2 diafragmas, cando o "Malmö" xurdiu de forma espectral entre os xeos, ao rescate da zodiac polar do equipo
Ignacio Benedeti tivo que acometer boa parte da rodaxe cámara en man |
Podería dicirse que as características de cada emulsión cinematográfica forman parte do relato, unha especie de metalenguaxe, que contribúe decisivamente á narración.
O cinema é un medio físico, que se pode tocar coas mans e ver a contraluz. Si ademais é en Súper-8, permite vivir a experiencia de rodar en película con equipamentos reducidos, tanto técnicos como humanos.
O instante case máxico de abrir unha carga de película Súper-8 |
A sensación orgánica comeza no mesmo momento en que se abre o envase da película, e o creador pode aspirar o cheiro da emulsión virxe; prosegue durante a filmación -- diriamos que a cegas (pois é imposible ver o resultado de inmediato)--, mantense durante o revelado (ás veces con ingredientes domésticos, ¡como a cervexa con vitaminas!), e consúmase na proxección, vendo o resultado.
Atrapados no xeo, ¡con mais de 140 metros de profundidade! |
O festín artístico continua durante a montaxe, que é físico, con moviola, cortando e pegando os planos. Filmar con película de Súper-8 é unha artesanía, o mesmo que escribir un libro, pintar un cadro ou compor unha partitura.
REPERCUSIÓN MEDIÁTICA.
"Spitsbergen, o Gardián do Ártico" é un proxecto que interesa globalmente. A suma dos promocionais, en Vimeo, exceden con fartura os ¡¡¡cen mil espectadores!!!, case dous terzos dos cales son estadounidenses (o contador é público).
O documental mereceu a atención en lugar destacado de xornais galegos, como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Región ou La Opinión, entre outros.Igualmente, medios internacionais como Photoklasik International, SilverGrain Classics ou Reader´s Digest dedicáronlle, nas súas edicións en lingua inglesa, abundantes espazos ilustrados.
O filme foi cualificado como "cinematografía verdadeira" por Phil Vigeant, da ASC (American Society of Cinematographers). Marty Hamrick, docente en New York Film Academ", escribiu: "o aspecto retro dálle un sentido poético de nostalxia e urxencia que funciona para a mensaxe".
SOBRE A RODAXE
"Spitsbergen, o Gardián do Ártico" é o relato cinematográfico dunha expedición ao último confín de terra firme antes do Polo norte, o arquipélago de Svalbard, a bordo dun quebraxeos de 75 anos, con diversas misións científicas e técnicas, como recuperar unha cámara arroxada por un oso a través dun respiradero de foca a 140 metros de profundidade; o seguimento dunha osa polar para verificar como superou o inverno cos seus dous osiños; catas e medicións varias para controlar a presenza de nanoplásticos; a entrega de subministracións no asentamento científico de Ny Alesund e, no caso de Ignacio Benedeti, a proba da nova película Ektachrome 7294, nese momento de preproducción (antes de que saíse ao mercado, meses despois), en condicións dunha rodaxe real en situacións adversas, filmando imaxes que en moi pouco tempo poderían ser historia por mor do Quecemento Global.
Latitude inaudita da nova Ektachrome para ser unha película inversible. |
Inofensivas... salvo cando portan a rabia |
UNHA ESPIRAL TERRORÍFICA E MORTÍFERA.
Co cambio climático, as filmacións de "Spitsbergen, o Gardián do Ártico" en moi pouco tempo serán testemuño dun pasado que non volverá, salvo que se tomen medidas, de aquí a 2030, para que a temperatura global non aumente mais dun grao e medio. ¡Aínda estase a tempo de actuar!
Ignacio Benedeti, filmando cámara en man, de laranxa |
O quecemento global desxea o Ártico: ao minguar a cor branca das superficies xeadas, diminúe a cantidade de calor solar que se reflicte cara ao espazo, e aumenta o que é absorbido polo planeta que, entón, quéntase aínda máis rápido, derritiendo máis superficie branca, nunha terrorífica e mortal espiral.
Un mundo que se desvanece (fotograma Súper-8 en Ektachrome) |
DESAPARICIÓN DO PERMAFROST: BOMBA DE EFECTO RETARDADO.
O quecemento global e a desaparición do manto branco en territorios como Spitsbergen ou Groenlandia causa tamén a desconxelación do permafrost, ou chan xeado, liberando metano, un gas de efecto invernadoiro trinta veces máis daniño, en termos de quecemento global, que o dióxido de carbono. Isto é unha bomba de efecto retardado: si o permafrost desaparece, a terrorífica e mortal espiral será imposible de deter.
Crebando o xeo coa proa |
O quecemento global, ao derreter o xeo que actúa como escudo reflector da calor solar, acelera tamén o aumento da temperatura dos océanos, o que, á súa vez, diminúe a súa capacidade de absorción de osíxeno: isto é letal para o fitoplancto, que fai nas augas o que as plantas na terra, inxerir CO2 e producir osíxeno; con mais C02, maior quecemento, noutra terrorífica e mortal espiral.
Malmö: 75 anos sucando o Ártico. |
O quecemento global é daniño, tamén, para bosques e selvas: temperaturas máis elevadas tradúcesen en máis incendios forestais. Lume e menos árbores significa menor capacidade natural para absorber CO2 e transformalo en osíxeno, nunha nova terrorífica e mortal espiral.
Diapositiva en Ektachrome de 35 mm |
Todos estes fenómenos traen como consecuencia que na atmosfera haxa máis vapor de auga, que tamén produce efecto invernadoiro, polo que a terrorífica e mortal espiral segue virando sen control, dinamitando o equilibrio climático.
A diferenza doutros cambios climáticos precedentes, debidos a circunstancias naturais, agora, a causa é antropoxénica: é a Humanidade e as súas actividades as que están a cambiar o medio ambiente no noso planeta de maneira daniña e perigosa.
Eumig Nautica para inmersións modelo especial capaz de filmar a 24 f.p.s |
O PUNTO DE NON RETORNO.
Si non se toman medidas mundiais, contundentes e urxentes, o mundo pode caer nunha fase de retroalimentación de calor que aboque ao planeta azul a un vórtice de autodestrución que o transforme nunha especie de averno que faría que Venus, cos seus 400 graos, parecese o Paraíso.
O punto de non retorno atópase nun aumento (global) de dous graos. Superada dita barreira, na Terra desencadearíase un efecto dominó climático, con máis e máis calor.
Ignacio Benedeti considera que a Tri X ten un uso que se xustifica narrativamente |
SPITSBERGEN: O INCRIBLE TERRITORIO DO XEO MENGUANTE
O quebraxeos "Malmö" renxía, terroríficamente, ao romper o manto de xeo para rozar un camiño que, trala popa, deixaba un suco conxelado, que non tardaba en cerrarse novamente.
O Malmö rompe o manto de xeo para rozar un camiño... |
Aínda que a superficie xeada, a criosfera ártica, parecía eterna, na súa incrible beleza, e tan inaccesible como o fora durante miles de anos, a realidade é que neste territorio hiperbóreo, que regula e amorna a temperatura da Terra, o xeo non deixa de minguar de forma acelerada. O Ártico, cualificado como o termómetro que mide a saúde do planeta, está a quentarse ao dobre de velocidade que o resto do globo.
...que non tardaba en cerrarse novamente. |
O PLANETA DE PLÁSTICO
Durante a filmación de "Spitsbergen, o Gardián do Ártico", a Ignacio Benedeti resultoulle case inconcibible que o plástico se atopase presente naquelas paraxes, aparentemente prístinas.
É o resultado de verter na Natureza uns 6.000 millóns de toneladas deste material durante os últimos 65 anos. Os residuos plásticos comezan como lixo en entulleiras e, co tempo, degrádanse converténdose primeiro en microplásticos e logo en billóns de nanopartículas que os océanos e o vento dispersan por todo o planeta… para finalizar na cadea alimenticia.
Á espreita, en silencio a case 20 graos baixo cero, en busca do mellor testemuño dun mundo que agoniza |
Ademais do seu efecto daniño como residuo, o plástico contribúe, durante a súa produción, ao quecemento global con emisións de CO2: si a industria dos plásticos fose un país, sería o cuarto maior emisor de dióxido de carbono. As análises das mostras, realizados a bordo do rompehielos "Malmö", desvelaron datos moi preocupantes: a este paso, a Terra, en lugar do planeta azul, podería pasar a ser coñecida como o Planeta de Plástico.
Os nanoplásticos chegaron ao Ártico |
O HOXE DE SPITSBERGEN É O MAÑÁ DO MUNDO.
Cando “Spitsbergen, o Gardián do Ártico” estaba nas súas fases iniciais Ignacio Benedeti foi presentar o proxecto a certo xerarca político dixital (isto é, nomeado a dedo, sen ser elixido por sufraxio nin gañador de ningunha oposición), responsable dos destinos audiovisuais da Xunta de Galicia no (C)AGADIC, un chiringuito na Ciudade de Kultura.
Trala introdución, o tipo, nada sutilmente, espetoulle, recostado desde a súa poltrona (sic): "el calentamiento global no es un problema nuestro", ante o cal, nun arrebato, Ignacio Benedeti levantouse e advertiulle: "o cambio climático antropoxénico É O PROBLEMA; ou se pon coto ao Quecemento Global, ou nin Camiño de Santiago, nin tu tías". Ignacio Benedeti arrepentiríase, despois, da súa brusquidade: “quedei coa dúbida de si o xerarca coñecería o significado de "antropoxénico".
Desafortunadamente, hai moitos persoeiros como ese burócrata. Esa xente é, precisamente, a destinataria de "Spitsbergen, O Gardián do Ártico".
Diapositiva Ektachrome de 35 mm |
Ou se toman medidas drásticas e urxentes ou non hai futuro para a nosa Civilización. O problema non é para a Terra, que seguirá existindo: o problema é para nosos fillos.
A Terra xa viviu non dúas, nin tres, ¡¡¡senón cinco!!! extincións masivas, cada unha das cales foi como un reinicio evolutivo. Fai 450 millóns de anos, desapareceron mais do oitenta por cento das especies; 70 millóns de anos mais tarde, morreron un 75 por cento; 125 millóns de anos despois, un 96 por cento; pasados outro cincuenta millóns de anos, o 80 por cento; e, finalmente, 135 millóns de anos despois, outra vez feneceron o 75 por cento.
En todas elas, exceptuando a que acabou cos dinosauros, o cambio foi producido polos gases de efecto invernadoiro. A máis grande, a de fai 250 millóns de anos, comezou cando o CO2 aumentou a temperatura do planeta en cinco graos, o que desencadeou a liberación de metano.
Nas outras extincións, o quecemento global foi por causas naturais. Agora, por primeira vez, as causas son antropoxénicas. Actualmente, estamos a emitir CO2 á atmosfera a unha velocidade cen veces superior ao de calquera outro momento da historia humana antes da industrialización. E na atmosfera xa hai un terzo mais de CO2 que en calquera outro momento dos últimos 800.000 millóns de anos, tal vez dos últimos 15 millóns de anos, cando non había humanos.
Con sixilo, Ignacio Benedeti arrástrase á gorida das morsas |
¿QUE MOTIVOU FILMAR "SPITSBERGEN, O GARDIÁN DO ÁRTICO"?
Ignacio Benedeti declarou no Ourense Film Festival:
“Non son ecoloxista e nin sequera considérome moi apegado á natureza. Sempre vivín en cidades, usando todo tipos de bens industriais, coa miña primeira moto (¡aquela inesquecible Puch Minicross con motor de dous tempos!) comprada aos dezaseis anos. Desde logo, sempre considerei que era fundamental manter limpo o medio ambiente e consumir de forma responsable, pero nunca estiven en contra do crecemento económico mentres as industrias observasen os controis ambientais estipulados polos organismos internacionais. Son, en suma, un tipo corrente que pasou a súa vida con certa satisfacción pola civilización que lle tocou vivir.
Un dos trazos distintivos con respecto ao cidadán común é que sempre estiven interesado nas epopeas dos conquistadores dos polos. O viaxar varias veces a territorios hiperbóreos fíxome tomar consciencia do quecemento global, esta vez antropoxénico .
A primeira vez, en Spitsbergen, coa miña esposa e un fillo entón con só un ano, en 1995, en certo camiño nos arredores de Longyearbyen a neve acumulada excedía as nosas cabezas. Cando volvín, ao redor de 2007 ou 2008, nese mesmo punto e na mesma época do ano, a neve só chegaba pola nosa cintura. Pouco mais dunha década mais tarde, cando filmei "Spitsbergen, o Gardián do Ártico", a pesar de que estabamos en abril e non en xuño, xusto nese lugar, a neve encima do permafrost era só duns poucos centímetros.
Foi entón cando me dín conta que o quecemento global non só é a maior ameaza á que se enfrontou a vida humana no planeta, senón unha ameaza dunha categoría e unha escala por completo diferentes: fai perigar a propia existencia humana.
O que empezou como unha proba técnica para Kodak, da nese momento Ektachrome de pre-produción, transformouse na primeira pedra dun ambicioso proxecto, ata o 2030, sobre o Quecemento Global: decidín embarcarme, a miña idade, nesta aventura de inmortalizar, exclusivamente de forma cinematográfica -¡non dixital!-, confíns abocados á desaparición en poucos anos, con documentais concibidos para os espectadores máis veteranos (cun maior número de "negacionistas"), medio ano antes de que saltase á fama a admirable Greta Thunberg.
Na longametraxe documental "Spitsbergen, o Gardián do Ártico" pódese comprobar a escala desta trasformación que ameaza a Terra. A salvación é aínda posible e debe ser un imperativo político".
A imaxe perfecta da desolación |
ARTE FOTOQUÍMICO
Un feito artístico único desta longametraxe documental é que foi filmado integramente con película Kodak de Súper-8, con positivos de exhibición en 16 mm (dous xa dispoñibles, un con son óptico e outro con magnético).
A pesar das dificultades de filmar sen axuda, cargando Ignacio Benedeti con todo o equipo en solitario, o traballo culminouse con éxito. Hai un proverbio hindú que di que o feito de que algunhas persoas teñan éxito nos seus proxectos débese mais á pureza do seu corazón que aos medios dos que dispoñan para realizalos: calquera poida lograr o seu obxectivos si son honestos e están en harmonía coas leis da natureza.
Cervexa galega pero non para beber... ¡senón para revelar Tri X de Súper-8! |
OS VIRADOS QUÍMICOS EN "SPITSBERGEN, O GARDIÁN DO ÁRTICO"
Contraviniendo toda regra dos programadores de televisión, que detestan o branco e negro, Ignacio Benedeti rodou con película Kodak Tri X aquela escena de "Spitsbergen, o Gardián do Ártico" na que o "Malmö" quedou atrapado pola banquisa polar: só o branco e negro pode transmitir ao espectador a sensación de desamparo vivida naquela pasaxe aterradora cun vento de son horrible.
Posteriormente, unha vez de regreso en IB Cinema, Ignacio Benedeti someteu esta metraxe ao seu virado, ou tintado, en azul, con químicos Colorvir que lle forneceron, gratuitamente, as boas xentes de TETENAL, a empresa fotográfica máis antiga do mundo á que hai que seguir apoiando.
No trailer do documental poden verse os virados en azul. A película de longametraxe "inchada" (ampliada) a 16 mm fíxose no laboratorio Onda Radio con material sensible de cor Kodak que respecta o virado orixinal do Súper-8 Tri X revelado como inversible (ou sexa, como positivo).
O oso polar: vítima do quecemento global |
Ignacio Benedeti tamén empregou estes químicos para virar ao marrón outra secuencia do "making of", igualmente rodada con Tri X, e, mesmo, para cambiar de tonalidade uns interiores en Ektachrome dentro da sala HAL 9000 de IB Cinema.
Todo iso, naturalmente, podería facerse "apertando un botón" en dixital... pero non hai arte fílmico niso.
Filmando intervalométricamente coa Bauer A512 a -20 graos Celsius |
SÚPER-8: UNHA TEXTURA QUE FORMA PARTE DO METALENGUAXE DA CREACIÓN AUDIOVISUAL
"Spitsbergen, O Gardián do Ártico" é o primeiro proxecto internacional dunha longametraxe, concibido para a súa distribución global en 16 mm, 35 mm, DCP e televisión, que é filmado en Súper-8.
Este paso cinematográfico foi presentado por Kodak en 1965 pensado inicialmente para o mercado doméstico, no cal, a principios do oitenta, foi substituído polo vídeo. Nese entón, o Súper-8 sumiuse nunha especie de travesía do deserto, mantido por artistas e entusiastas.
En 1992, Phil e Rhonda Vigeant, membros da American Society of Cinematographers (ASC), a exclusiva asociación de Hollywood á que só se accede por invitación, deron o primeiro paso para a profesionalización do Súper-8 incorporando ao formato as mesmas películas negativas que en 16 mm e en 35 mm, á vez que desenvolveron sistemas de dixitalización ata entón só dispoñibles en formatos maiores.
Si ata ese momento, o Súper-8 con películas inversibles (positivos para proxectar para o seu revelado), estaba circunscrito para ser visto polas poucas persoas ante as que podía proxectarse o orixinal filmado, grazas ao matrimonio Vigeant o Súper-8 converteuse nun formato que aínda tiña moito que dicir tanto no terreo artístico como no técnico.
Adicionalmente, Phil e Rhonda desenvolveron, coa súa empresa Pro 8mm, a relación de aspecto Max-8 que, seguindo a mesma premisa que o Súper-16, incorporaba á imaxe o espazo orixinalmente reservado para a pista magnética principal: desta forma, o Súper-8 podía ser dixitalizado en 16:9. O gran salto chegou cando o Súper-8 negativo púidose dixitalizar en HD: isto abriu horizontes novos, no ámbito da postprodución e da difusión.
Ignacio Benedeti, á espreita en comuñón cunha natureza hostil |
Pero a lombeirada definitiva, para a película de Súper-8 negativa, chegaría cando a técnica fixo posible a dixitalización primeiro en 2K (2014), despois en 4K (2017) e agora en 5K (2021): na actualidade unha creación en Súper-8 pode ser distribuída masivamente con calidade sorprendente, pero ao mesmo tempo conservando o encanto dunha imaxe orgánica. Tamén son posibles os tiraxes de positivos en 16 e 35 mm a partir dun orixinal de Súper-8.
A Leicina Special, co mítico Leitz Cinegon de 10 mm, o non plus ultra dos obxectivos para Súper-8 |
¿POR QUE SÚPER-8?
Desde logo, gravar en dixital é moito menos problemático (comprobánse os resultados de inmediato, todo é automático) , que facelo en Súper-8 (100 € cada dous minutos e medio, todo manual, imposible de ver nada ata despois do revelado...), pero o Súper-8 ofrece non só unha sensación orgánica, imposible de emular en dixital (salvo de forma groseira), senón tamén unha gama de texturas e cores que, ao creador, permítenlle seleccionar a máis adecuada para o que se desexa narrar.
A Bauer A512 co seu obxectivo Schneider é un auténtico cabalo de batalla para filmacións en condicións adversas |
¿Que mellor que a Kodak Tri X, en monocromía con tinguiduras de Tetenal, para transmitir a sensación dunhas paraxes inhóspitos, deixados da man de Deus? ¿Ou, a vetusta Ektachrome 64 para, na vila pantasma de Pyramiden, emular as decadentes cores da era soviética?
Rompendo xeo, sempre rumbo ao Norte |
De feito, para a rodaxe de "Spitsbergen: O Gardián do Ártico", dependendo do momento, Ignacio Benedeti fixo uso de todo o portafolio presente e pasado de Kodak (con variantes, como forzados e subrevelados): Kodak Vision 500T, Kodak Vision 200T, Kodak Vision 50, Kodak Ektachrome 7294 e 7285, Kodak Ektachrome 64T e Kodak Tri X.
¿Lograrán os aullidos lastimeros do osiño darlle ánimo á osa para que logre alimento? |
Todo iso, ademais, sen axuda, cambiando as cargas cada dous minutos e medio en condicións, ás veces, case imposibles: como nun ventimperio a -20 Celsius ou fronte a unha osa polar esfameada.
Making (falado en castelán):
SPITSBERGEN: MAKING... IN PROGRESS! from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.
OUTROS ATRACTIVOS DO SÚPER-8.
En busca da gorida das morsas |
...as morsas buscan o seu refuxio na auga |
As pausas para comer, sacras no rompexeos |
Rodaxe cámara en man, no medio dun vento atroz |
STOP QUECEMENTO GLOBAL from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.
CUALIFICACIÓN DE ICAA
"Spitsbergen, O Gardián do Ártico" foi cualificada polo Instituto de las Ciencias y las Artes Audiovisuais (ICAA) como "autorizada para todos los públicos" en resolución con data vinte e cinco de novembro de 2020. Faga click aquí para ver cualificación do ICAA
A pesar dos obstáculos de todo tipo, o que non era máis que un proxecto, dicían que inviable, ¡rematouse! integramente con medios fotoquímicos para a imaxe e analóxicos para o son, e nada menos que con copia de exhibición en película de 16 mm.
- En case hora e media, a película aborda un tema que, aínda que incómodo para os políticos, é o máis grave que afecta as civilizacións humanas. Non hai un asunto de maior importancia que o quecemento global.
- Os negacionistas do quecemento global aumentan coa idade. Por estética e narrativa, desde dirección o obxectivo é chegar a este segmento do público. No aspecto técnico, como xa se explicou con detalle liñas atrás, o director xogou coas distintas emulsions fílmicas, de forma que estas son un elementos máis da linguaxe cinematográfica, e, sabendo que habería copias fílmicas, coidou temas como os "cue dots" ou alongar os principios e finais de cada rolo de exhibición (sendo consciente que se adoitan perder 2 fotogramas nas montaxes entre sala e sala).
- Aínda que cada afirmación está documentada en literatura impresa consultada na biblioteca do Nelson Institute for Marine Research -na delegación de Reikiavik- (desde libros actuais ata raras primeiras edicións dos exploradores polares), deixouse espazo para a imaxinación para certas dramatizaciones da acción cos obxectivos de lograr o interese da audiencia.
- ¡7 distintos tipos de emulsions!, empregáronse, en función da narración (4 delas inversibles), con cargas de dous minutos e medio. As ópticas cinematográficas, os filtros, as cámaras, etc, foron coidadosamente elixidos en función das temperaturas extremas e a rodaxe cámara en man ás veces a -20 graos baixo cero (evitando sempre as condensacións), que inclúe a primeira filmación con dron no Ártico feita en Súper-8. Cada xornada, rodáronse uns metros de proba, que se revelaron a bordo con Estrella Galicia, para comprobar que non houbese incidencias, como pelos nas portelas das cámaras.
- Independentemente de seguir o ritmo marcado desde dirección, a montaxe é un labor de artesanía en si mesma. A metraxe inversible (película positiva) foi montado de forma tradicional, con empalmadora e moviola. O filme negativo transferiuse a dixital, fíxose a montaxe en dixital, e finalmente replicouse físicamente no filme negativo.
- Si o resultado de "Spitsbergen, O Gardián do Ártico" non sería igual sen a narración de Santiago Fernández, o mesmo sucede coa banda sonora maxistralmente composta por un Sergio Moure de Oteyza que soubo coller a esencia do proxecto.
- Desde os preparativos iniciais ata a obtención da cualificación por parte do ICAA, a dirección de produción tivo que cumprir o seu labor desde a frugalidad que impón carecer de apoios públicos, e xestionar temas complexos, como o seguro de rescate especial para o Ártico, permisos de rodaxe no Banco Global de Sementes ou as autorizacións para atravesar seis terminais aeroportuarias internacionais sen revisión de Raios-X para o material sensible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario