viernes, 16 de julio de 2021

NON HAY FUTURO (OPUS V): OS SEGREDOS DA ELABORACIÓN DO AFFICHE

 O Opus V cerra a serie de curtametraxes en Súper-8 "Non hai futuro" sobre a crise económica española, con personaxes vinculados a un mundo que languidece, cos seus últimos estertores: a exhibición cinematográfica en 35 mm. 

Versión IX e definitiva da cartela

No Opus V, o protagonista, interpretado por Marcos J. Fernández Eimil, é o operador responsable non só da proxección da última película da Disney en 35 mm, senón tamén da última proxección en 35 mm no Museo de Arte Contemporánea de Naturgy (MACUF) e que significou o último acto desta institución, de gloriosa historia en Galicia, antes de que fose pechada.

Primeira versión

Para debuxar o cartel, recorrín a un artista que admiro moito, Juan Carlos Abraldes, formado como un en Barcelona. Gústame de Abraldes que, ademais de dominar as técnicas dixitais, tamén sabe debuxar de verdade, con lapis e pincel.  Fai lustros, traballou en IB Cinema. Actualmente, é un autónomo, ben coñecido internacionalmente en medios profesionais do audiovisual e os videoxogos; o seu nome non pasa desapercibido tampouco para o público en xeral, pois leva moitos anos publicando as súas caricaturas en LA VOZ DE GALICIA para ilustrar toda clase de publicacións, desde sisudos artigos de políticas ata as lembradas novelas por entregas. 

A Juan Carlos expliqueille a trama do OPUS V e díxenlle o que imaxinaba no cartel: o edificio do MACUF abandonado, coa cristaleira rota na primeira planta, un proxectorde 35 mm e o seu último operador, e en primeiro termo unha saca de películas, un par de latas de cinema e unha bobina con película saíndo con fotogramas do Opus V.  Juan Carlos suxeriu que o operador non aparecese, para acentuar a sensación de final dunha era. Pareceume moi acertado.

Na primeira versión do cartel, o edificio do MACUF estaba moi afastado, e o proxector de cinema apenas se distinguía. Ademais, Juan Carlos, influído pola estética dos videoxogos que realiza, marcara demasiado a sensación de decadencia ata parecer postapocalipitica, cun televisor esnaquizado e ata un automóbil. A verdade, é que quedou moi bonito, pero escapábase un pouco do que quería transmitir: crise económica, peche do MACUF e abandono do 35 mm; demasiado postapocalíptico.



Decidimos situar o Museo non tan lonxe, de forma que o proxector funcionando distínguese perfectamente, e, en primeiro termo, como elementos abandonados, un par de bobinas e latas de película, con o filme espallándose, así como unha saca de transporte das que en España se usaron tradicionalmente para as longametraxes en 35 mm.


O protagonista: Marcos

O debuxo de Abraldes é tan minucioso que, aínda que a xente non o aprecie, si mira o cartel cunha lupa, distingue detalles como o crono do proxector ou as fotogramas da película no chan, fotogramas que realmente corresponden ao Opus V. As latas levan o selo Kodak, marca no pasado gloriosa, pero que hoxe evoca unha decadencia dunha forma de arte que é, precisamente, o que quere reflectir esta curtametraxe que, en realidade, é, case, un documental disfrazado .

Escribindo o guión

No hay comentarios:

Publicar un comentario