Cando pechou Kodak en España, en 2012, aquel nefasto ano en que a matriz declarárase en concurso de acredores (superado), as súas instalacións en propiedade en Madrid foron abandonadas: un impresionante inmoble con dúas plantas con aperturas en forma de oco de influencia clásica, con arcos de medio punto na parte superior. A fachada norte, espazo destinado para a cantina, co mesmo tipo de aperturas. Pola entrada principal do edificio administrativo íbase en primeiro lugar ao vestíbulo a dobre altura. O patio axardinado organiza o espazo e daba paso a un corredor para ir aos espazos de traballo, destacando a cantina e o comedor. No interior, unha sala de exposicións, proxeccións, estudos fotográficos e demais.
Outro edificio facía de conexión entre o principal, administrativo, e outro que servía de almacén de material fotográfico e cinematográfico, pero ambas as construcións demoléronse en 2021.
O edificio está integrado na súa contorna natural, nunha parcela cunha densa arboleda e piscina para os traballadores. O axardinamento exterior está formado por unha gran cantidade de especies de árbores, céspede, un estanque e unha rede de canles. Refórzase así a idea dun complexo que está en contacto co exterior e a contorna, algo propio nos edificios da Eastman Kodak Company que había repartidos en diferentes partes do mundo.
A filosofía da empresa ao crear un espazo de tal características, era que os traballadores se sentisen confortables na súa zona de traballo a través dos espazos diáfanos e a contorna natural.
Dese almacén, veu a Coruña este magnífico rótulo luminoso, que nunca chegouse a enviar, en idioma galego!, posiblemente o único nesta lingua española.
P.S. O sábado pola mañá abrino no meu taller, fíxenlle unha instalación eléctrica e coloqueille un par de fluorescentes: este é o resultado:
No hay comentarios:
Publicar un comentario