A "pentalogía fílmica" "Non hai futuro" sobre a crise económica española, con personaxes vinculados ao mundo do cinema, cérrase cun broche de ouro: 15000 espectadores para a entrega quinta e final!, durante a primeira fin de semana de difusión pola Rede, entre Vimeo e Youtube.
Antonio Bermúdez fai a última proxección fílmica no MACUF, da Coruña, acto co que pecha para sempre o museo, mentras lembra (con certo resentimento ao dixital que acabou co seu traballo) o mundo da exhibición cinematográfica en 35 mm, que se desvanece, nunha historia que é, en realidade, un documental dramatizado en clave de comedia.
Intérprete: Marcos J. Fernández Eimil, como Antonio Bermúdez.
Locución: Fernando Pujalte e Álex López
Unha película concibida, filmada e escrita por Ignacio Benedeti Corzo.
Montaxe de Álex López.
Produción executiva: Encarnación "Nena" Pulido.
Cartaz: Juan Carlos Abraldes.
Filmada en Súper-8 con película Kodak.
Revelada por Juan Carlos Olivo en Retrolab Cinema.
Positivos de 16 mm: Onda Radio Service.
Música: Arteixo Big Band.
Mestura de son fotográfico: Alberto Vangelisti.
Dixitalización: José Luis Sanz.
Metraxe: 25 minutos (16 mm Kodak Vision)
Son óptico de densidade variable.
Escribindo o guión (fotografía con película Kodak) |
“Non hai futuro (Opus V)” é unha mediametraxe de 25 minutos onde o último operador de cabina en activo de 35 mm pasa revista aos cambios vividos en Galicia no sector da distribución e a exhibición cinematográfica: as cabinas con dobre sistema de proxectores que deron paso aos proxectores con torre de longametraxe, a chegada dos complexos de multicines con sistema de prato, ata a práctica desaparición do 35 mm cunha proxección que, en decembro de 2018, supuxo tamén o último acto do defunto Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (MACUF).
O gran Fernando Pujalte gravando a locución na película de Súper Oito (fotografía con película Kodak) |
O Opus V é, en realidade, un documental camuflado; a historia é un pretexto para explicar a tecnoloxía de exhibición en 35 mm, ao mesmo tempo que é unha alegación en favor do fílmico fronte ao dixital, que significará, mais pronto que tarde, a morte do cinema tal e como o coñecemos: a proxección dunha película en pantalla grande, en comuñón compartida con outros espectadores.
Fotograma da película |
O protagonista da película |
Cris Lores, o operador cinematográfico do Ourense Film Festival |
"Non hai futuro (OPUS V)" é unha mediametraxe integramente filmada con película de Súper-8. A montaxe é tradicional, cortando e pegando a película.
O son é tamén fotográfico, pois nada hai na realización desta obra alleo á tecnoloxía fotoquímica.
"Non hai futuro (Opus V)" pecha a serie sobre a crise económica española. As catro entregas anteriores superaron os 100.000 espectadores.
Sincronizando o son con Álex (tamén narrador) na sala HAL9000 de IB Cinema |
Información sobre o deseño do cartel (obra de Juan Carlos Abraldes):
No hay comentarios:
Publicar un comentario