sábado, 17 de mayo de 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON FOTOGRAMAS GALEGOS

Nesta xornada festiva en Galicia, na que celebramos o Día das Letras Galegas —unha conmemoración cultural instaurada no ano 1963, cando D. Manuel Fraga era ministro de Información e Turismo—, queremos tamén render homenaxe a outras letras: as que se imprimen, con luz e gran, en cada fotograma do cine artesanal.

E é que, neste último trimestre, completamos tres novos opus fílmicos en Súper-8:
"Elegía al plumacho"
"Bueno y generoso D. Manuel, In Memoriam"
"Eoghan Neff & Anxo Lorenzo Unit"

A fotografía do cartel e unha diapositiva Kodak Ektachrome

Aínda que o paso e Súper-8, foron en realidade filmados con cartuchos Single-8, un sistema xaponés xa desaparecido, con película Kodak recargada manualmente en cartuchos reutilizados, na escuridade total, e aproveitando anacos de producións anteriores gardados no conxelador. Un auténtico acto de resistencia técnica e poética.

"Elegía al Plumacho" en LA VOZ DE GALICIA

Todo o proceso de revelado realizámolo na Coruña, de maneira totalmente artesanal, coa valiosa axuda de Álex, o meu colaborador habitual.

Por motivos de difusión, dous dos opus están escritos en castelán, mentres que o terceiro conta con audio en inglés.

Onte mesmo chegou da imprenta o cartel de Elegía al plumacho. A diferenza das producións dixitais subvencionadas —ateigadas de logotipos oficiais e selos institucionais—, este cartel só leva o nome das persoas e empresas privadas que realmente colaboramos no proxecto.

Diapositiva Kodak Ektachrome 6 x 6

Nin un só céntimo provén de subvencións públicas. Cremos firmemente que os cartos do contribuínte deberían destinarse a fins esenciais, como a atención ás persoas maiores ou a protección das fronteiras, e non a alimentar circuítos clientelares da cultura oficialista.

Grabando o son (Kodak Portra 400)

Ademais, coa colaboración do galego SELLIER FILM FESTIVAL, organizamos tamén —de xeito totalmente voluntario e sen ningún tipo de subvención— un obradoiro de iniciación ao cine en Súper-8, incluíndo o revelado químico nas nosas instalacións coruñesas, para o alumnado da Escola de Imaxe e Son da Coruña, baixo as ordes do profesor Carlos Oro. Foi unha experiencia enriquecedora e única para as persoas participantes, que descubriron que aínda hai vida —e moita beleza— máis alá do píxel.

ELEGÍA AL PLUMACHO (Kodak Ektachrome, Fuji ZC1000N) 


EOGHAN NEFF & ANXO LORENZO UNIT   (Kodak Vision 200T e Kodak TriX, Fuji ZC1000N e Fuji P2WA) 

BUENO Y GENEROSO D. MANUEL, IN MEMORIAM (Fujichrome Velvia, Fuji ZC1000N) 


OBRADOIRO LUMIÈRE NA ESCOLA DE IMAXEN E SON (Kodak Ektachrome, Bauer C900)

No hay comentarios:

Publicar un comentario