martes, 11 de mayo de 2021

SESIÓNS ESPECIAIS TOQUE DE QUEDA: CO ÚLTIMO DE WOODY ALLEN E A PELÍCULA DE PARDO BAZÁN.

En previsión de posibles futuros toques de queda, a oferta cinematográfica de IB CINEMA para o verán 2021 complétase con dúas películas de éxito xa probado, de só 90 minutos

Éxito da película "Emilia Pardo Bazán" en Oleiros

1) A última comedia de Woody Allen (estreada en moitos países de Europa en maio de 2021); e

2) A  entretida película biográfica da ilustre coruñesa Emilia Pardo Bazán. 

¡A proxección termina en xusto hora e media!

  • ¡¡¡DESPREOCÚPESE!!! Levamos todo o necesario para a proxección, ao aire libre ou a cuberto: pantalla con tea de cinema (non meros inchables), soportes profesionais, son, proxector, dous proxeccionistas ¡e ata as cadeiras!, que se desinfectan in situ. De agasallo, para o público, DVDs precintados de películas galegas, das coleccións de La Voz de Galicia.



RIFKIN´S FESTIVAL, de Woody Allen. 

Dirección e guión: Woody Allen

Fotografía: Vittorio Storaro

Elenco: Wallace Shawn, Gina Gershon, Elena Anaya, Louis Garrel, Christoph Waltz, Sergi López, Richard Kind, Nathalie Poza, Douglas McGrath, Steve Guttenberg, Enrique Arce, Tammy Blanchard, Damian Chapa.

Sinopse: 

Un matrimonio estadounidense acode ao Festival de Cinema de San Sebastián por traballo dela. O marido, Mort, sospeita que a súa muller está a ter un "affair" cun aclamado director de cinema francés. Pero a súa preocupación diminúe cando se encapricha dunha atractiva médico española que lle trata nunha consulta. ¡Un sorriso ao longo de toda a película, con bastantes gargalladas!, nun guión que foi cualificado como o testamento cinematográfico do gran Woody Allen. ¡A COMEDIA DA TEMPADA!

Cualificación: TOLERADA.

Metraxe: 90 minutos. 


EMILIA PARDO BAZÁN, A CONDESA REBELDE, de Zaza Ceballos

Directora: Zaza Ceballos.

Elenco: Susana Dans, Mabel Rivera, Antonio Durán "Morris", Tamara Canosa, Manolo Sólo, Lúa Testa, Laura Ponte, Lino Braxe

Cualificación: Autorizada para todos os públicos e distintivo de ESPECIALMENTE RECOMENDADA PARA O FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO.

Metraxe: 92 minutos

Idioma: galego ou español

Sinopse: 

Este 2021 do Centenario do falecemento (12-V-1921) da ilustre filla da provincia coruñesa, a película narra a vida de Emilia Pardo Bazán, unha muller intelectual, escritora e xonalista, introductora do naturalismo en España. 

A actividade literaria de Emilia Pardo Bazán provoca o escándalo do seu marido e dos círculos conservadores. Apoiada pola súa familia, decide poñer fin ao seu matrimonio para converterse en escritora profesional. Emilia establécese en Madrid, onde desenvolve unha actividade incansable para obter o lugar nas institucións da cultura que merece polo seu talento e capacidade, encarando toda clase de menosprecios e exclusións debido á súa condición de muller. A condesa converterase nunha das figuras craves da emancipación femnina na España de finais do século XIX deixando unha obra tan extensa como rica e variada.

Repercusión mediática da nosa proxección da película de Emilia Pardo Bazán, que foi presentada por un dos nosos proxeccionionistas, Alberto Abuín, crítico e escritor.



No hay comentarios:

Publicar un comentario