martes, 13 de julio de 2021

NON HAI FUTURO (OPUS V)


Antonio Bermúdez fai a última proxección fílmica no MACUF, da Coruña, acto co que pecha para sempre o museo, mentras lembra o mundo da exhibición cinematográfica en 35 mm, que se desvanece, nunha historia que é unha especie de documental dramatizado.

Intérprete: Marcos J. Fernández Eimil, como Antonio Bermúdez.

Unha película concibida, filmada e escrita por Ignacio Benedeti Corzo.

Montaxe de Alex López.

Produción executiva: Encarnación "Nena" Pulido.

Affiche: Juan Carlos Abraldes.

Filmada en Súper-8 con película Kodak.

Revelada por Juan Carlos Olivo en Retrolab Cinema.

Positivos de 16 mm: Onda Radio Service.

Música: Arteixo Big Band.

Mestura de son fotográfico: Alberto Vangelisti.

Dixitalización: José Luis Sanz.

Unha produción cinematográfica acollida ao Fondo de Proxectos Culturais en Lingua Galega Xacobeo 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüistica. Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Xunta de Galicia.

Metraxe: 25 minutos (16 mm Kodak Vision) 

Son óptico



Non hai futuro (Opus V)” é unha mediametraxe de 25 minutos onde o último operador de cabina en activo de 35 mm pasa revista aos cambios vividos en Galicia no sector da distribución e a exhibición cinematográfica: as cabinas con dobre sistema de proxectores que deron paso aos proxectores con torre de longametraxe, a chegada dos complexos de multicines con sistema de prato, ata a práctica desaparición do 35 mm cunha proxección que, en decembro de 2018, supuxo tamén o último acto do defunto Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (MACUF).



Ao longo da mediometraxe móstranse os distintos equipamentos cinematográficos que non fai tanto eran fábricas de soños, as instalacións de distribuidoras de cinema ou o único almacén de 35 mm dunha multinacional en Galicia, así como o último transportista especializado en 35 mm.

Narrado en clave de entretemento, a tres voces, as imaxes fílmicas son de gran interese histórico para a memoria de Galicia. A trama, dramatizada, entretén ao público xeral.

"Non hai futuro (OPUS V)" é unha mediametraxe  integramente filmada con película de Súper-8. A montaxe é tradicional, cortando e pegando a película. 

O son é tamén fotográfico, pois nada hai na realización desta obra alleo á tecnoloxía fotoquímica.


 "Non hai futuro (Opus V)" pecha a serie sobre a crise económica española. As catro entregas anteriores superaron os 100.000 espectadores.


Información sobre o deseño do cartel:

2 comentarios: