domingo, 14 de junio de 2020

SPITSBERGEN, O GARDIÁN DO ÁRTICO: ARTESANÍA CINEMATOGRÁFICA FINALIZADA

Tras meses de traballo, hoxe domingo 14 de xuño de 2020, festividade do Corpus Christi,  quedou finalizada a longametraxe "Spitsbergen, O Gardián do Ártico".  É a primeira da serie de 13 documentais  "Stop: Quecemento Global", que estou a rodar ata o ano 2030, a data límite para evitar unha catástrofe global .
A segunda longametraxe de serie, "Odisea en Groenlandia",  filmada no outono de 2019, coincidindo co maior desxeo desde que hai rexistros na illa mais grande do mundo, xa está filmada e revelada, pendente de montaxe e algún capital para a postprodución.
O seguinte documental, cuxa filmación estaba prevista para principios de xuño, no mismísimo Polo Norte, a bordo dun rompehielos nuclear, tívose que suspender por culpa do coronavirus.  
Rodarei noutro lugar, pois: ¡na Antártida!, si a pandemia termina por controlarse, "Mais alá de 66 graos latitude sur" (título provisional),  moito mais ao sur que calquera das dúas bases científicas españolas, a finais deste 2020.

INTERESE INTERNACIONAL DE "SPITSBERGEN, O GARDIÁN DO ÁRTICO"
Independentemente da temática que aborda, o quecemento global, e a inmortalización, en indeleble película, duns escenarios naturais que se desvanecen por mor do cambio climático, "Spitsbergen: o Gardián do Ártico" é unha obra artística realizada de tal forma que é única no panorama audiovisual mundial: filmada e terminada integramente en película de Súper-8, con positivos de exhibición inchados a 16 mm (e, tal vez, a 35 mm). 

Este feito xa mereceu a súa atención na prensa especializada en tecnoloxía fotoquímica, como as revistas internacionais Photoklassik International e Silvergrain Classics, pero tamén en medios xeneralistas como, por exemplo, o xornal "La Región", de Ourense, nun especial de tres páxinas a todo cor no seu suplemento de fin de semana. 
LABOR DE ARTESANÍA.
Rodar con película non ten nada que ver con gravar en dixital: aquí, hai que demostrar o coñecemento técnico pois todo, na rodaxe de Spitsbergen, é manual: a elección do diafragma, a selección do tempo de obturación da cámara, o enfoque... As cargas de película, hai que cambialas cada dous minutos e medio de filmación: ¡a 20 graos baixo cero!, e tras limpar o portelo entre cartucho e cartucho. O son ambiente, grávase banda á parte, cun magnetófono. Todo iso, sen saber o resultado do que se filma ¡ata despois do revelado! Coa particularidade que este, normalmente un traballo dun equipo de tres ou catro persoas, ¡¡¡foi levado a cabo sen axuda!!!



PROFESIONALIDADE E ARTESANÍA, CON RESULTADOS Á PRIMEIRA.
En cinema, a diferenza do que ocorre co dixital, a imaxe ten que resultar perfecta á primeira, pois non hai posibilidade de repetición debido a que: 
1) non se ve o filmado ata semanas despois; e 
2) o disparo da cámara custa diñeiro: cada dous minutos e medio de película son 60 euros mais outro tanto para o seu revelado e dixitalización. 
A cambio, obtense unha textura única, inimitable por medios dixitais, valiosa artísticamente, ademais duns negativos capaces de durar centurias, senón milenios, correctamente conservados, visibles a primeira ollada,  sen aparellos especiais, mesmo nun futuro postapocalíptico.
Tras o revelado, unha primeira montaxe en copia positiva e, despois, a montaxe definitiva, que, nun labor de amor, hai que replicalo ao negativo, tanto para o telecine, ou dixitalización, final, como para os positivos de exhibición en 16 mm e 35 mm.
En "Spitsbergen, o Gardián do Ártico" mestúranse, complementados, principios mecánico-químicos do século XIX, con ferramentas do século XX e tecnoloxía do século XXI.  
Un breve resumo desta forma de traballar pódese ver no "making of" narrado en castelán: 
SPITSBERGEN: MAKING... IN PROGRESS! from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.

PHOTOKLASSIK INTERNATIONAL.
Como xa expliquei no artigo "Presente e futuro do Súper-8 como un formato profesional",  publicado pola revista internacional Photoklassik International, "Spitsbergen: o Gardián do Ártico" foi un opus filmado coa gama completa de emulsiones cinematográficas negativas de Kodak: a Vision 50 espuesta a 40 ASA, a Vision 200 exposta a 125 ASA e a Vision 500 exposta a 400. 
KODAK VISION 50 SAMPLE from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.

No terreo inversible de cor, "Spitsbergen, o Gardián do Ártico" foi a primeira proba, en condición de rodaxe real, da nese momento en fase de preproducción Ektachrome 7294.  Determinadas tomas, filmeinas coa Ektachrome 7285 e, mesmo, cando quería obter unha textura soviética, nas filmacións en de Barentsburgo e Pyramiden, coa vella Ektachrome 7280. Esta combinación de texturas e diferentes rendementos de cor é unha lambetada para as retinas de connoisseurs da tecnoloxía cinematográfica. 
Mesmo me atrevín a filmar un rolo de Vision 500, expóndoo a 50 ASA, ¡e subrevelándolo 2 diafragmas!, con resultados sorprendentes que quedan perfectamente integrados. 
Contradicindo aos programadores de televisión, tamén filmei en branco e negro, ¡coa Kodak Tri X!, por dous motivos: transformada químicamente en monocromía virada a azul, é a elección idónea para transmitir a sensación que vivimos cando o rompehielos quedou atrapado na banquisa ártica. 
Por outra banda, a película Tri X, permitiume ir comprobando que as cámaras funcionaban perfectamente, pois esta emulsión se pode revelar facilmente con ingredientes caseiros, como café ou cervexa. Elixín cervexa, da marca Estrella Galicia, pois o revelado con cervexa produce imaxes con maiores riquezas de grises que as que  o café, o cal me permitiu aproveitalas na metraxe final.   Do cargamento de Estrella Galicia non se desaproveitou nin un centímetro cúbico  ¡¡¡pois os meus compañeiros de expedición deron boa conta das latas sobrantes!!!

UN EQUIPO EXCEPCIONAL. 
Nada podería chegar a bo termo sen a profesionalidade do ferrolán Alex López na postproducción, baixo as directrices expertas do tamén ferrolán Víctor Galdón
A música é obra do coruñés Sergio Moure de Oteyza, quen xa achegara o seu xenio á produción de IB Cinema "Mercado de Futuros". O son da microfonía, foi mesturado polo tamén coruñés Marcos Fernández Eimil. Os programas informaticos, adaptados para a produción por Javier Suárez, outro coruñés. A tradutora do meu texto en español ao idioma orixinal da película, o galego, é a profesora ourensá María Teresa Santos.  E a tamén ourensa Nena Pulido, na administración.  Maravilloso, o affiche de Fátima Ackerman, que leva a Galicia no seu corazón
Pero nada sería igual sen a voz do narrador de Santiago Fernández, rianxeiro de nacemento, coruñés de adopción. Esperemos ter mais orzamento para "Odisea en Groenlandia" de forma que Santiago poida narrar a maior parte da obra.
Trailer de 1'30'':
SPITSBERGEN O GARDIÁN DO ÁRTICO, trailer para TVG from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario