jueves, 28 de mayo de 2020

A LINGUA GALEGA EN ESTADOS UNIDOS ¡¡¡MUY VIVA!!! GRAZAS A INTERNET

Internet é, grazas a Facebook, unha ferramenta valiosísima para os creadores do audiovisual á hora de promocionar os nosos traballos. A fin de semana pasada subín o trailer de " Spitsbergen, o gardián do Ártico", que me pediu a Televisión de Galicia, con só un minuto e medio. Ao subilo nun dos grupos de Facebook que administro, Super 8mm (ligazón: https://www.facebook.com/groups/27648968851/ ), sen necesidade de pagar ningunha promoción, os visionados disparáronse.
Durante a fin de semana pasada (mais longa do habitual en Estados Unidos, pola festividade do luns), vírono ¡¡¡7.000 persoas!!!
Estando falado en galego, crin que ía quedar mais ou menos aí a cousa, pero na revisión de onte mércores pola noite o contador de Vimeo rexistrou 10.876 visionados (e vírono sen finalizar un total de 17.842 persoas). Mais da metade dos espectadores seguen sendo dos Estados Unidos, con Alemaña en segundo lugar e agora ¡Rusia en terceiro! O galego adquire dimensión internacional, grazas a "Spitsbergen, o Gardián do Ártico".
Algunha xente dime que debería subilo a Youtube, pois así a audiencia multiplicaríase, pero négome. Non me tomo as molestias de rodar en película para que ao final a imaxe quede prostituída pola compresión desa plataforma, que aniquila a textura fílmica, asemellándoa ao dixital: Youtube é unha ferramenta moi útil... pero deixarémola para a xente do inframundo dixital
SPITSBERGEN O GARDIÁN DO ÁRTICO, trailer para TVG from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.
¿ONDE MERCAR SÚPER-8?
Sempre recomendo a mesma tenda da que son clientes Steven Spielberg, Spike Lee ou J. J. Abrams, entre outras luminarias da pantalla grande: Pro 8 mm, de Hollywood. O seu propietario, Phil, é o creador do formato Max-8, que proporciona un formato normal de case 1,85 (como neste documental). Asisten en español e inglés, na seguinte ligazón, e o envío a Europa leva ¡só 3 días!
Se che interesa o mundo audiovisual fetén, o fotoquímico, gozarás mergullando por este sitio web:
https://www.pro8mm.com?sca_ref=221762.t1gzXnwJIC

No hay comentarios:

Publicar un comentario