lunes, 13 de julio de 2020

AGADIC: IMPONSE UN NOVO RUMBO

Non fai moito, un cargo político popular coruñés, tras ver "Spitsbergen, o Gardián do Ártico", a primeira longametraxe da serie Stop Quecemento Global, relevantemente resaltado en LA VOZ DE GALICIA  ( https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/06/25/ignacio-benedeti-gallego-filmo-cambio-climatico/00031593102119361436461.htm  ) e outros medios, mesmo internacionais,  preguntoume por que non presentaba un proxecto tan actual e que nos incumbe a todos, como é o cambio climático, ás axudas do AGADIC, o organismo que concede en Galicia as subvencións para o audiovisual.

Expliqueille que o verán pasado, cando fuí a presentar o proxecto ao seu director, o tipo, desde a súa poltrona,  despachoume nada sutilmente cun (sic): "el calentamiento global no es un problema nuestro", ante o cal, levanteime e marcheime sen deixarlle sequera a memoria, pero advertíndolle: "el cambio climático antropogénico ES EL PROBLEMA; con el calentamiento global,  ni Camino de Santiago, ni tu tías, que diría D. Manuel".  Sempre quedei con dubída si o paisano coñecería o significado de "antropogénico".
Contra vento e marea, seguín adiante co proxecto, e o pasado mes de xuño conseguín finalizar "Spitsbergen, O Gardián do Ártico", que o crítico cinematográfico mais lido de Galicia valorou: "darache grandes satisfaccións".  

De momento, estrearase no Festival de Ourense OUFF 25. Pero aínda sigo en busca de recursos para facer subtítulos noutros idiomas distintos do galego, que é o orixinal, dado o interese percibido no estranxeiro: dos mais de cen mil visionados dos catro promocionais, ¡dous terzos proceden dos Estados Unidos!
Por iso, estiven tentado de presentarme ás subvencións do citado organismo. Ao final, non o fixen, dada a opinión do seu director para o proxecto, e considerando tamén que, en anteriores convocatorias, os membros das comisións de valoración adoitaban proceder da ultra esquerda mais radical. 
¡E menos mal que fixen así!, pois desta forma non malgastei nin tempo nin papel (aforrar papel é salvar árbores), pois ao facerse público, o pasado xoves ou venres (aínda que me decato hoxe luns) os integrantes dos membros da comisión de valoración dos proxectos das subvencións de creación audiovsual, vexo persoas fortemente belixerantes, en redes sociais e o mundo real, contra o Presidente Feijóo e a base social e cultural que o sustentamos, entre os que sobresae Sande, un dos máximos responsables do chavismo comunista en Galicia, ex concelleiro de kulturas na Coruña con aquela pestilente Marea de triste recordo e que, despois, durante un tempo foi senador podemita
Os galegos, desta xente, como se demostrou onte nas urnas, non queremos saber nada: desapareceron do mapa electoral con tan poucos votos que hai que buscalos cun soar nas profundidades abisais para atopar algun.  
Pero, desgraciadamente, en personaxes así é nos que confía AGADIC para repartir as axudas, que, naturalmente, van para os seus correlixionarios.   
Agora que o Presidente Feijóo conseguiu o practicamente imposible, que é igualar ao bo e lembrado D. Manuel cunha cuarta maioría absoluta (sendo líder en voto urbano, como ocorreu na Coruña),  é necesario abordar o sector cultural desde unha perspectiva seria e imparcial, para que teñan algunha oportunidade aqueles creadores galegos que, como diría a miña admirada amiga Angeles de Andres, non queremos destruír as nosas romarías, virxes e santos, as nosas tradicións, a nosa cultura, os nosos valores familiares, os nosos dous amados idiomas, aqueles que nos consideramos galegos pero tamén españois, e non queremos nada que ver co comunismo, o chavismo e o separatismo.  
Amigos, é a hora de aqueles que estamos en sintonía coa inmensa maioría do pobo galego. 
P.S. Respecto de "Spitsbergen, o gardián do Ártico", ¿como é posible que, aparecendo o proxecto en televisión e prensa, mesmo internacional, AGADIC nin sequera pida a súa ficha técnica?, cando si se interesan, subvencionándoos incluso, con o ouro  e o mouro (mais ouro que mouro), proxectos de nula traxectoria.


SPITSBERGEN O GARDIÁN DO ÁRTICO, trailer para TVG from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario