A miña primeira produción en stop motion, "Minotauromaquia, Pablo no laberinto", escrita e dirixida por ese xenio que é Juan Pablo Etcheverry, con animación de SAM, é, en palabras do erudito Miguel Anxo Fernández, un dos dez fitos do cinema galego. Gañou premios en todo o mundo e exhibiuse en templos do cinema, como o Lincoln Center de Nova York.
En 2005, tamén ma pediron do MOMA de Nova York, cun encargo especial: a película co proxector e cun sistema de bucle continuo (precedida dun clip de medio minuto en branco e negro coa traxectoria en festivais, ata ese momento) O éxito foi brutal!
Tiven que mandar todo por duplicado, desde o proxector ata o sistema de bucle ou a película, por si había algunha algunha incidencia. Cos centos de pases, os positivos, que eran de triacetato, acabaron machucados, pero cumpriron o seu labor.
O ano vindeiro, que se cumpre o medio século do falecemento de Picasso, sería unha excelente idea montar na Coruña a mesma instalación que preparei para o MOMA, esta vez con positivos de poliéster. A instalación para o MOMA pódese ver neste vello vídeo (segmento do clip inicial monocromático):
IB CINEMA BUCLE CONTINUO MINOTAUROMAQUIA EN EL MOMA from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.
Unha proxección cinematográfica en bucle, co proxector na propia sala, é algo espectacular que atrae a nenos e maiores. Os visitantes poden ver videoinstalaciones en museos de cidades de segunda división, pero unha montaxe cinematográfica en bucle con auténtica película, con filme, e proxector de cinema, iso, amigos, é estar noutra liga. Aí deixo a idea. Si seica lle interesa a algunha institución, xa saben onde estamos: levamos décadas nas mesmas instalacións e o mesmo teléfono.
Información publicada por LA VOZ DE GALICIA no seu día: PREME AQUÍ
Miserable versión dixital da película:
MINOTAUROMAQUIA: PABLO EN EL LABERINTO from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.