viernes, 25 de marzo de 2022

O CONTUBERNIO DE SAN ANDRÉS

¿Que estarán a tramar os da fotografía, Chema Paz Gago, Manuel Miragaia, Marta Sellier e a súa man dereita Raúl Varela, con Ignacio? Non están en Múnic, así que, ¡descoiden!, non é ningún contubernio nin ningunha confabulación, senón que, baixo o peso da historia, na sede da sociedade cultural mais antiga de Galicia (¡cumpriu este mes 175 anos!), o Circo de Artesáns, na coruñesa rúa San Andrés, a instantánea plasma a reunión preparataria do acto inaugural da VI edición do SELLIER FILM FESTIVAL, o mércores 13 de abril, no que Marta Sellier, tataranieta e tatarasobrina dos irmáns Sellier entregará o premio Sellier de Cinema ao compositor da terra Sergio Moure de Oteyza

Todo un privilexio que o VI Sellier Film Festival póidase celebrar nun lugar sacrosanto para a cultura de Galicia, o Circo de Artesáns, do que foron membros os irmáns Sellier, e a escasos metros, na mesma rúa, do lugar onde José Sellier revelou e proxectou a primeira película de cinema de 35 mm filmada en España.

Tras a reunión, a Chema Paz Gago case lle parecía escoitar os pasos de Emilia Pardo Bazán, presidenta de honra que fose desta sociedade que foi o primeiro lugar onde ondeou a bandeira de Galicia tras ser amputada unha das aspas da Cruz de San Andrés por orde dos rusos. 

O calendario completo de VI edición do Sellier Film Festival, cos horarios, pódese consultar no seguinte vínculo: PROGRAMACIÓN E HORARIOS



No hay comentarios:

Publicar un comentario