Na península antártica, a zona do planeta onde se rexistra o
Quecemento Global a un ritmo mais rápido, transcorre esta expedición que
documenta, en fílmico (non en vídeo dixital), un mundo que se desvanece.
Ignacio Benedeti, descendente dun tripulante do “San Telmo”, o buque ferrolán
que avistou por vez primeira o continente de xeo, depositará unha faragulla de
pan de Neda e auga do río Belelle, en memoria do seu antepasado, no lugar onde
encallou o San Telmo: trátase dunha cuncha de vieira bendicida baixo o crucifixo
do Santuario da Vera Cruz, no Carballiño, que custodia unhas achas do Sacro
Madeiro embebido no sangue do noso Señor.
|
En Scoresby Sund, o fiordo mais grande do mundo, durante a rodaxe de "Odisea en Groenlandia" |
A TERCEIRA LONGAMETRAXE DE SERIE STOP QUECEMENTO GLOBAL.
Tras a rodaxe de “Spitsbergen, O Gardián do Ártico”, estreado
comercialmente en cinemas (en Barcelona nada menos que na Filmoteca de
Catalunya, presentado polo Dr. Esteve Riambau), gañador do premio especial XXV
aniversario do Ourense Film Festival –emitido pola Televisión de Galicia-, e “Odisea en Groenlandia” (en fase de
posproducción) –con estrea mundial comprometido en Barcelona na Filmoteca de
Catalunya--, a terceira longametraxe da serie desenvolverase na Antártida.
|
Estrea de "Spitsbergen, o Gardián do Ártico", na Filmoteca de Catalunya en Barcelona |
O
guión, como nas dúas obras precedentes, é de Ignacio Benedeti Corzo, tamén o
director.
|
Ignacio cunha das seus cámaras de Súper-8 de uso profesional |
GALICIA, GALICIA, GALICIA
Aínda que “Alén dos 66º Latitude Sur” é un documental
cinematográfico de vocación internacional, como “Spitsbergen” e “Odisea”, un
dos seus propósitos é difundir a imaxe, lingua e a cultura de Galicia.
|
Artigo publicado pola edición internacional de "Silvergrain Classics"
|
1) Os positivos
cinematográficos de exhibición serán exclusivamente en idioma galego, con
subtítulos en español e inglés (como en "Spitsbergen", farase unha versión dixital para televisión).2) Ponse en valor que o
verdadeiro descubridor da Antártida foi o buque ferrolán “San Telmo” con boa
parte da súa tripulación galega.
3) Difúndese que O
Carballiño, atesoura un fragmento do Lignum Crucis sobre o que se sustenta a
símbolo da civilización humana, no seu Santuario da Vera Cruz, de Antonio
Palacios (o Gaudí galego).
|
Sergio Moure de Oteyza é novamente o compositor da banda sonora |
4) Publicítase o símbolo
do Camiño de Santiago.
5) Exáltase as virtudes
do pan de Neda.
|
Álex López é o montador e, si frutifica o financiamento, tamén será o axudante de camarógrafo na Antártida |
6) No extremo mais ao
Sur, sobrepasando os 66 graos de latitude, filmarase como se coloca un sinal
indicando a distancia a Compostela.
7) Ao atravesar o Mar de Hoces, usarase este topónimo, en recordo do seu descubridor, o capitán da carabela San Lesmes que, partindo desde A Coruña, descubriu e cartografió estes territorios anos antes de que o corsario Drake cometese a felonía de usurpar unha honra, española, que non lle corresponde.
8) Si obtense subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Ignacio Benedeti irá acompañado de Álex López: iso, fará posible outro reto: conmemorar, en 2023, o Centenario do 16 mm, rodando neste paso cinematográfico dous terzos da metraxe (o terzo restante filmarase, como nas longametraxes precedentes, en Súper-8).
|
Outro rtigo publicado pola edición internacional de "Silvergrain Classics" |
É de apuntar que esta expedición para documentar, desde unha
perspectiva galega, o quecemento global, chegará moito mais ao sur, 66º S, que
calquera das dúas bases españolas na Antártida, que se atopan só a 62º.
|
Neste momento, sen Kodak, a creación cinematográfica non sería posible |
ARTE CINEMATOGRÁFICA.
Estes documentais diferéncianse de calquera outro, no panorama
mundial, en que non son gravacións en vídeo dixital, senón que son rodados en
fílmico, con película. No caso de “Alén dos 66º Latitude Sur” filmarase con
dous pasos cinematográficos: Súper-16 e Súper-8. Á gama de películas
cinematográficas Kodak, inversibles e negativas, empregadas nas longametraxes
anteriores, engadirase a Kodak Vision 3 250 equilibrada para 5500º Kelvin.
|
Desembarco ecolóxico |
Si a filmación é mediante película, a montaxe o é tamén en
fílmico: primeiro faise nun “copión” e logo replícase no negativo, a partir do
cal se farán os positivos de exhibición en 16 mm e 35 mm.
|
Artigo publicado en "La Región" |
Como os anteriores traballos, non se permitirá as exhibicións
públicas en video dixital: obrigatoriamente haberán de facerse con película
cinematográfica, nun feito insólito a nivel mundial. Isto non afecta á emisión por televisión ou en canles de “pago
por visionado” (como Vimeo On Demand).
SPITSBERGEN, O GARDIÁN DO ARTICO from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.
GUIÓN.
A experiencia das nosas dúas longametraxes previos filmados en
territorios hiperbóreos (Spitsbergen e Groenlandia), permítenos asegurar que,
do mesmo xeito que ocorrese no Ártico, na Antártida é imposible de prever nada:
¿como saber con antelación que a fronte dun glaciar esborrallarase ante os
nosos ollos ou que o barco quedará atrapado na banquisa xeada?
|
Biblioteca de temas ambientais no Nelson Institute |
O guión, neste tipo de documentais, escríbese non a priori, senón cando, tras o
revelado das filmacións, procédese á súa montaxe cunha premisa clara:
documentar os efectos do quecemento global, desde unha óptica galega. Non é esta ningunha técnica nova na escritura de guións para
documentais: segue a escola de Félix Rodríguez de la Fuente, que
preparaba as locuciones tras a montaxe fílmico; o mesmo ocorre cos documentais
de Jacques Custeau –filmados en 16 mm--(e antes que eles, os soados documentais
de natureza de Walt Disney, aos que a serie Stop Quecemento Global rende
homenaxe desde o primeiro cartel debuxado por Fátima Acaso para “Spitsbergen, o
Gardián do Ártico”).
|
Biblioteca de temas ambientais no Nelson Institute |
SUPER-8: UNHA TEXTURA QUE FORMA PARTE DO "METALENGUAXE".Desde logo, gravar en dixital é moito máis fácil (vense os resultados de inmediato, todo é automático) , que facelo en Súper-8 (100 € cada dous minutos e medio), pero o Súper-8 ofrece non só unha sensación orgánica, imposible de emular en dixital, senón tamén unha gama de texturas que, como creador, permítenme seleccionar a mais adecuada para o que se desexo narrar: por exemplo, en Spitsbergen, empreguei a Kodak Tri X para transmitir a sensación de desolación cando o rompehielos queda atrapado na banquisa; a vivificante Ektachrome 7294 (nese momento, experimental, da partida de preproducción que tiña que probar para Kodak en condicións adversas dunha rodaxe real) para transmitir a inesquecible sensación de cando, entre as tebras, xorde o esplendor do sol de media noite, con todo o seu colorido, abríndose camiño despois dun día gris e nubrado; ou a Ektachrome 7280, co seu gran e paleta tan especial, para recrear a decadente época soviética nos poboados de Barentsburgo e o abandonado de Pyramiden.
|
Artigo en "La voz de Galicia" |
Podería dicirse que as características de cada emulsión cinematográfica forman parte do relato, unha especie de metalenguaje, que contribúe decisivamente na narración.
|
Cartaz da primeira longametraxe da serie |
CINEMA ARTE: SÚPER-8 E 16 MM
O Súper-8 e o 16 mm permiten unha textura de cinema real, que se pode dixitalizar a 4K (6K en 16 mm), nun proxecto de creación artística que pode ser abordado por unha soa persoa, como pintar un lenzo ou escribir un libro.
|
Premio especial XXV aniversario no Ourense Film Festival |
No caso de "Spitsbergen, O Gardián do Ártico", ademais, elixíronse as texturas que rememoran os documentais dos anos sesenta e setenta, aos que se rende homenaxe.
|
Si no Ártico Ignacio filmou unha aurora boreal, na Antártida tentará filmar unha aurora austral |
Para aqueles lectores do ámbito profesional que desexen incorporar o Súper-8 ao seu portafolio de servizos, sempre recomendo o mesmo provedor que usa Steven Spielberg, Spike Le ou J.J. Abrams, entre outras luminarias: Pro 8 mm, de Hollywood.
En Pro 8 mm atenden en español e inglés, na ligazón inferior: o envio a Europa demora só 3 días!
https://www.pro8mm.com?sca_ref=221762.t1gzXnwJIC
SPITSBERGEN: MAKING... IN PROGRESS! from IB CINEMA Motion Picture Films on Vimeo.